A teoría atómica de Dalton é un modelo de comportamentl para a materia de nivel microscópico.
A partir da análise da lei das proporcións definidas, John Dalton estableceu este modelo de comportamento para a materia de nivel microscopio, que se viu reforzado polos resultados dos experimentos que deron lugar á lei das proporcións múltiples establecida polo propio Dalton.
Principais proposicións
As principais proposicións que conforman a teoría atómica de Dalton son:
- Os elementos están formados por unhas partículas "invisibles" e indivisibles chamadas átomos.
- Os átomos do mesmo elemento son todos iguais.
- Os átomos de diferentes elementos son distintos entre si.
- Os átomos de dous ou máis elementos combínanse entre si para dar un composto de maneira específica e en relación de números enteiros e sinxelos.
Estas catro proposicións permiten a resolución de xeito correcto de moitos problemas que se dan na química rutineira de laboratorio, a pesar de que, destas catro proposicións, a única totalmente certa é a terceira.
Outras hipóteses
As catro proposicións anteriormente mencionadas non son as únicas. Dalton realizou máis hipóteses, de carácter redical e esencialmente falsas, xa que se amosaron incompatibles con experimentos sinxelos.
Unha destas hipóteses establecía que os elementos eran monoatómicos, é dicir, que Dalton non contemplaba a posibilidade de que dous ou máis átomos do mesmo elemento, e polo tanto iguais, se unisen quimicamente entre si para dar o que el chamaba un átomo complexo (actualmente denominado molécula). Tal hipótese manifestouse insostible tras analizar os traballos de Gay-Lussac e Avogadro sobre os volumes de combinación.
Véxase tamén
Outros artigos