Teodosio Martino Martino, nado en Soto de Sajambre (Oseja de Sajambre, León) o 6 de xaneiro de 1944,[1] é un político galego.
Traxectoria
Enxeñeiro técnico agrícola, chegou a Galicia en 1973 como funcionario da Dirección de Extensión e Cooperación Agraria, integrada na Xunta de Galicia en 1986. Foi subdirector de Extensión e Capacitación Agraria da Xunta de Galicia.
Foi elixido alcalde de Ordes en 1987 pola CPG, con maioría simple. En 1991 e 1995 revalidou a alcaldía á fronte do PPdeG con maioría absoluta. En 1999 trala súa abrupta exclusión da candidatura popular, montou en apenas unhas horas unha candidatura baixo o paraugas de Democracia Galega, á fronte da cal logrou gañar con maioría simple e conservou a alcaldía, contando ao longo do mandato co apoio de edís tránsfugas do BNG e do PSdeG. En xullo de 2002, trala disolución de Democracia Galega, regresou ao PPdeG[2], encabezando a súa candidatura en 2003 e revalidando a alcaldía con maioría absoluta.
En xullo de 2005 quedou en minoría tras pasarse 4 edís populares, encabezados por Manuel Regos Boquete, ó grupo mixto[3]. Nas municipais de 2007 perdeu a alcaldía tras ser derrotado pola formación de Manuel Regos, Unión por Ordes, polo que pasou á oposición e se retirou da política ó final do mandato.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas