Hai catro membros da familia xénica da tenascina, que son: tenascina C, tenascina R, tenascina X e tenascina W.
A tenascina C é o membro fundador desta familia xénica. No embrión prodúcena células migradoras como as da crista neural; tamén é abondosa nos tendóns, ósos e cartilaxes en desenvolvemento.
A tenascina C é o membro máis intensamente estudado da familia. Ten propiedades antiadhesivas, que causan que as células en cultivo cellar se fagan arredondadas cando esta proteína se engade ao medio. Un mecanismo para explicar isto pode deberse a esta capacidade de unirse á glicoproteínafibronectina da matriz extracelular e bloquear as interaccións da fibronectina con sindecanos específicos. A expresión de tenascina C no estroma de certos tumores está asociada cun mal prognóstico na enfermidade.
Notas
↑PDB1TEN; Leahy DJ, Hendrickson WA, Aukhil I, Erickson HP (novembro de 1992). "Structure of a fibronectin type III domain from tenascin phased by MAD analysis of the selenomethionyl protein". Science258 (5084): 987–91. PMID1279805. doi:10.1126/science.1279805.
↑Bristow J, Carey W, Egging D, Schalkwijk J (2005). "Tenascin-X, collagen, elastin, and the Ehlers-Danlos syndrome". Am J Med Genet C Semin Med Genet139 (1): 24–30. PMID16278880. doi:10.1002/ajmg.c.30071.