O Ilves é un equipo profesional de hóckey sobre xeo con base na cidade de Tampere (Finlandia). Fundado en 1931, o equipo competiu na máxima categoría dende a súa creación agás na tempada 1954–55, cando disputou a segunda categoría logo de descender na tempada anterior. Nas súas filas teñen xogado algúns dos xogadores máis destacados da historia do hóckey sobre xeo do país nórdico.
Ilves é un dos equipos máis laureados do hóckey finlandés, ao longo da súa historia conquistou o campionato finlandés un total de 16 veces, se ben a maior parte delas foi antes de que a competición adoptara o seu formato actual, e gañou dúas veces a Suomen Cup (1958 e 1971). O equipo tamén gañou nove medallas de prata e 12 de bronce como segundo e terceiro clasificado do campionato finlandés. Ademais Ilves conquistou unha vez o Harry Lindbladin muistopalkinto como campión da liga regular na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga.
Lenda
Lenda de termos e abreviaturas
Termo ou abreviatura
Definición
Pos
Posición final na división ou na clasificación da liga
GC
Goles en contra (goles anotados polos opoñentes de Ilves)
GF
Goles a favor (goles anotados por Ilves)
PX
Partidos xogados
D
Derrotas
OT
Derrotas na prórroga (dende a tempada 1999–2000)
Pts
Puntos
E
Empates
TG
Goles totais nos partidos de eliminatoria a dúas voltas