A tempada 2020/21 foi a 42ª tempada do HC Liceo na OK Liga de xeito consecutivo e dende a súa fundación en 1972.
O equipo proclamouse subcampión de liga por 18ª vez na súa historia, e conquistou a súa 10ª Copa do Rei, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.
Resumo da tempada
Maio
En maio de 2020, tras darse por rematadas as competicións que foran paralizadas por mor da pandemia por coronavirus, o Liceo comezou a traballar na planificación da nova tempada. O 5 de maio Bruno Di Benedetto anunciou a súa marcha do club, regresando ao Lleida.[1] Poucos días despois fíxose oficial a chegada do seu substituto, o coruñés César Carballeira, que volvía ao Liceo dous anos despois da súa marcha ao Reus.[2]
Xullo
A mediados de xullo anunciouse a renovación do adestrador Juan Copa por unha tempada máis.[3]
Agosto
O 17 de agosto o club anunciou a través de Twitter a fichaxe do dianteiro catalán Jordi Adroher, procedente do Benfica.[4] O día 23 o club informou na súa web da ampliación de contrato a Fabri Ciocale e a súa cesión por unha tempada ao HC Braga portugués.[5] A finais de agosto o Liceo comezou a súa pretempada cunha pequena xira por Portugal, onde se enfrontou a Barcelos, Valongo e Porto, cun balance dunha vitoria, un empate e unha derrota respectivamente.[6][7]
Setembro
O 4 de setembro, repetindo a fórmula usada con Ciocale, o club anunciou a renovación e cesión ao Riba d'Ave HC do tamén arxentino Facu Bridge.[8] A finais de mes deu comezo a OK Liga, xogándose os partidos ou ben a porta pechada ou con limitacións de capacidade. O Liceo disputou o seu primeiro partido o 26 de setembro no campo do Igualada.
Decembro
O 7 de decembro o equipo fixo historia, ao lograr coa súa vitoria por 5-1 fronte ao Palafrugell en Riazor, o mellor arrinque da súa historia, con 11 vitorias nos 11 primeiros partidos de liga, xeira que se aumentou na xornada seguinte ata as 12 vitorias.[9] O día 10 o club anunciou que reforzaba o cadro de xogadores coa reincorporación de Fabri Ciocale, que marchara cedido tres meses antes a Portugal.[10]
Febreiro
O 12 de febreiro o club anunciou a renovación do contrato de Jordi Adroher ata o final da tempada 2021/22,[11] e catro días despois fixo o mesmo con Roberto Di Benedetto.[12]
Marzo
O 5 de marzo anunciouse a renovación do capitán, Dava Torres, ata 2022.[13]
Abril
O 19 de abril o club anunciou a renovación do gardameta Carles Grau por unha tempada máis, ata 2022.[14]
Xuño
O 17 de xuño, catro días despois do remate das competicións oficiais, o club anunciou a saída dos xogadores arxentinos Franco Platero e Fabri Ciocale, que ficharon polo Oliveirense portugués e o Valdagno italiano respectivamente.[15]
Corpo técnico
Xogadores
Clasificación
Partidos
Pretempada e amigables
OK Liga
Supercopa de España
Liga Europea
Copa do Rei
Notas
|
---|
|
Equipo | |
---|
Historia | |
---|
Estadios | |
---|
Persoal | |
---|
Artigos relacionados | |
---|