Tempada 1909/10 do Deportivo da Sala Calvet

Deportivo da Coruña
Tempada 1909–10
PresidenteGalicia Laureano Martínez
EstadioCampo de Riazor

A tempada 1909/10 foi a cuarta tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet.

Resumo da tempada

A tempada 1909/10 do Deportivo da Sala Calvet comezou no medio dunha crise institucional, cunha importante perda de socios e o conflito do club co fundador e propietario da Sala Calvet, Federico Fernández-Amor Calvet, e o seu fillo Federico Fernández Sar, referente ao alugueiro do campo de Riazor.[1] A disputa provocou a dimisión da xunta directiva encabezada por Laureano Martínez Brañas, renuncia que non foi aceptada polos socios. Trala convocatoria de varias xuntas xerais no Teatro Circo Emilia Pardo Bazán, finalmente o 21 de novembro de 1909 tomou posesión unha nova directiva, presidida por José Longueira Díaz.[2] Xunto a el entraron na directiva Sixto Pedregal como vicepresidente, Francisco Domínguez como tesoureiro e os futbolistas Virgilio e Salvador Fojón como contador e secretario respectivamente.[1] A tenda de ultramarinos da familia Fojón na rúa de San Andrés acabou converténdose na sede oficiosa do club durante os seguintes anos.[3][4][5]

Unha das primeiras medidas da nova dirección foi nomear capitán a Manuel Álvarez, con Virgilio e Félix de Paz como asesores.[3] O 30 de setembro o club solicitou a súa adhesión á nova Federación Galega de Fútbol, sendo admitido o 6 de xaneiro de 1910.[3] O primeiro partido de 1910 disputouno o Deportivo contra o Shipbuilding FC, formado por traballadores ingleses da Sociedad Española de Construcción Naval dos estaleiros de Ferrol, resultando vencedor o club coruñés por 5-2.[6][7][8]

Persoal

Xogadores

Xunta directiva

Partidos

      Vitoria

      Empate

      Derrota

Amigables

Notas

  1. 1,0 1,1 Ventureira 2022, pp. 93-94.
  2. "Noticias de Galicia". El Eco de Galicia (en castelán) (991). 25 de novembro de 1909. p. 2. Consultado o 5 de xaneiro de 2025. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ventureira 2022, p. 95.
  4. I. Martelo, Vicente (17 de setembro de 2022). "Sedes deportivistas". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2025. 
  5. Miranda, Carlos (8 de decembro de 2021). "“Eran el alma máter de A Coruña”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2025. 
  6. "El Real Club deportivo de la Sala Calvet". El Correo Gallego (en castelán) (10587). 14 de decembro de 1909. p. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2025. 
  7. "El partido del domingo en la Coruña". El Correo Gallego (en castelán) (10589). 16 de decembro de 1909. p. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2025. 
  8. "El partido del domingo en la Coruña". El Correo Gallego (en castelán) (10606). 5 de xaneiro de 1910. p. 2. Consultado o 5 de xaneiro de 2025. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.