Telmo Rodríguez Alonso, nado en Barcela (Arbo) en 1880 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Emigrado en Cuba, foi directivo da sociedade Hijos del Distrito de Arbo.[1] Na República regresou a Arbo. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Arbo en febreiro de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas