Televisión autonómica

Logotipo de Televisión de Galicia.

En España denomínase televisión autonómica a aquela canle de televisión pública que emite nun ámbito autonómico e está xestionada por unha comunidade autónoma.

Historia

Xurdiron a partir da Lei da Terceira Canle impulsada polo goberno de Felipe González. Esta tiña como obxectivo nun principio a creación dunha terceira canle de Televisión Española con desconexións para cada Comunidade, pero os gobernos autonómicos lográronse adiantar e rachar o monopolio de TVE. As primeiras televisións autonómicas en emitiren foron a catalá TV3 e a vasca ETB en 1983, e a TVG en 1985.

Listaxe de canles autonómicas:

Canal Sur
Canal Sur 2
Canal Sur HD
Televisión Canaria
Televisión Canaria Dos
Castilla-La Mancha Televisión
Castilla-La Mancha Televisión 2
TV3
El 33
3/24
Canal Super3
Esport 3
TV3HD
Telemadrid (1989).
laOtra
Canal Nou
Canal Nou Dos
Canal Nou 24
TVG
tvG2
ETB 1
ETB 2
ETB 3
IB3
IBdos
TPA7
TPA8
TPA9 HD
7RM
Aragón Televisión
Canal Extremadura Televisión