Televigo foi a primeira televisión local con sede en Vigo. Nada en 1995, era propiedade da sociedade Tranvías Eléctricos de Vigo, e non tiña relación con ningún outro grupo de comunicación local. Televigo emitía sen licenza[1], a través da Televisión Dixital Terrestre, TDT, dende o día 12 de maio na canle 32.
En marzo de 2011 anova a súa páxina web, cunha interface moito máis moderna e coa posibilidade de ver a canle en directo ou recuperar algúns dos programas en diferido.
Interrompeu as emisións o 10 de outubro de 2014. O 1 de decembro do mesmo ano retomou as emisións co nome provisional de La Tele de Vigo para despois volver adoptar o nome orixinal o 18 de marzo de 2015, o 30 de setembro dese ano pecha definitivamente as súas emisións. En 2017 a marca Televigo foi comprada polo grupo Radio Vigo, dono de Localia Vigo. Así, a que fora a súa única competidora absorbeu a marca e pasou a chamarse Localia Televigo.
Programación
Contaba con programas como:
- Diálogos con el alcalde
- 8 y medio
- 60 minutos
- Á sombra da oliveira
- Viajeros
- Peloteando.com
- Diga lo que quiera (patrocinado polo concello de Vigo)
- Sete días
- Son TV
- Viajeros
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas