Telémaco é un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten 92 km de diámetro,situado nas coordenadas 54° N 339,4° O, formouse sobre a Ítaca Chasma, a enorme estrutura de fendas, vales e depresións de Tetis . O seu nome procede do nome do fillo do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.[1]
A principal característica deste cráter é que ten un destacable pico central e uns bordos moi definidos, o cal suxire que sexa un cráter relativamente novo, ademais de formarse sobre a Ítaca Chasma, o cal dá unha referencia da antigüidade desta chasma, xa que á parte deste cráter, a chasma ten outros cráteres máis pequenos sobre ela[2][3], o cal serve para data-la idade desta chasma.
Notas
↑ 1,01,11,2USGS Astrogeology (ed.). "Tethys: Telemachus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 08-05-2010.