Teide 1 é unha estrela anana marrón, a primeira en ser verificada no 1995. Esta anana marrón está localizada no cúmulo estelar aberto das Pléiades, aproximadamente a uns 400 anos luz da Terra.
Características
A magnitude aparente deste deslucido obxecto é de 17,76, tan pouco brillante é que só é posible velo a través dun telescopio de afeccionado de gran tamaño. Se estivese a uns 10 parsecs do noso planeta, amosaríase 70 veces máis brillante (magnitude absoluta 12,38) que se estivese a unha distancia duns 120 parsecs.
Este obxecto é máis masivo cós planetas (55 MX), pero menos masivo cás estrela (0,052 MS). O raio desta anana marrón é un pouco maior co raio de Xúpiter (unha décima parte raio solar). A súa temperatura superficial é só de 2600 ± 150 K,[1], o cal é, máis ou menos, da metade da do noso Sol. A súa luminosidade é 0,1% cá do noso Sol, quere isto dicir que a radiación emitida polo noso Sol en catro horas é equivalente a emitida por Teide 1 en máis ou menos seis meses. A súa idade é só duns 120 millóns de anos (ou 3,8 petasegundos) o cal é só o 3% da idade na nosa estrela.
Esta anana marrón está o suficientemente quente para fusionar litio no seu núcleo, pero non o suficiente para fusionar hidróxeno coma no caso do noso Sol.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas