Tegarama

Modelo:Xeografía políticaTegarama

Localización
Mapa
 39°48′04″N 41°25′43″L / 39.801169, 41.428569

Tegarama foi un reino que se formou durante a crise do Imperio Hitita na metade do século –XVI, con Mitanni como forza emerxente, na rexión do Alto Éufrates e a futura Armenia.

Historia

No reinado de Hantilis I menciónase como posesión hitita, onde o rei combateu cos hurritas. Despois pasou aos hurritas probabelmente durante o reinado de Ammunas ou pouco antes, e formouse alí un reino hurrita, probabelmente baixo influencia de Mitanni no século –XVc. Foi sometido polo rei hitita Muwatallis I ou por Tudhaliyas II (sobre -1420/-1400).

Tushratta de Mitanni favoreceu nela unha revolta sobre o -1360. Suppiluliumas I, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.