Naceu buscando a liberdade expresiva e a "protección psicolóxica" dos actores, xa que non necesitan "sentir" o que sente o seu personaxe, nin buscar no seu pasado nin no seu interior estas emocións, nin a calidade da súa interpretación depende do estado de ánimo, mental e emocional do momento.
Oponse ao método de Lee Strasberg, no que parte das emocións para crear as accións e así crear o personaxe.
Algúns artistas dos que aplicaron e desenvolveron o teatro físico son Antonin Artaud, Pina Bausch, Jerzy Grotowski, Vsévolod Meierhold, Peter Brook, Jacques Lecoq, Eugenio Barba, Étienne Decroux, Ariane Mnouchkine e Tadashi Suzuki.[2][3]
↑"5C Physical Theatre". dlibrary.acu.edu.au; The Academy Literature and Drama Website. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2024.