Teanua Kamana|
Nacemento | 1925 (98/99 anos) |
---|
|
Ocupación | político |
---|
Teanua Dan Kamana, nado en 1925 en Rarotonga, é un político das Illas Cook.
Traxectoria
En 1949 comezou a traballar na CITC (Cook Islands Trading Corporation), logrando en 1953 a dirección na sucursal de Penrhyn, estivo catro anos alí e en 1954 obtén a dirección da sucursal de Aitutaki.
En 1959 volve a Rarotonga en 1959 e en 1962 abre a súa propia compañía de taxis, nesta época comeza a participar na política, militando no Partido das Illas Cook. En 1965 entrou no Consello Insular de Rarotonga e nas eleccións xerais de 1968 elixíronno como deputado pola circunscrición de Teauotonga. Na década de 1970 foi ministro no goberno de Albert Royle Henry.
Perdeu o seu escano nas eleccións xerais de 1978 logo dunha decisión xudicial ligada a un escándalo de fraude electoral nesas eleccións. Volve ao parlamento en 1983 tras ser elixido por Tupapa-Maraerenga, continuando nas seguintes lexislaturas ata que se retira en 1993, substituíndoo Tupou Faireka. Nese ano concedéronlle o título de Oficial da Orde do Imperio Británico en recoñecemento polos seus servizos. Kamana leva o título tradicional de Tepuretu Mataiapo (mataiapo do tapere de Tupapa)