Tancredo 1 foi un satélite artificial do Brasil lanzado o 9 de decembro de 2016 a bordo dun foguete H-IIB desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][2][4][5]
Características
Tancredo 1 foi o primeiro satélite do proxecto Ubatubasat, sendo deseñado pola Escola Municipal Presidente Tancredo de Almeida Neves (en Ubatuba, São Paulo) coa asesoría do Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais (INPE) e o apoio da Axencia Espacial do Brasil e da UNESCO. Foi construído usando un kit comercial proporcionado pola empresa norteamericana Interorbital Systems.[1][2][4][5]
O obxectivo do satélite é espertar o interese na ciencia e a tecnoloxía entre estudantes de entre 10 e 14 anos. As tarefas para a súa construción incluían a integración, montaxe, programación, probas, lanzamento e operación do satélite. Tancredo 1 levaba a bordo unha grabadora de voz para retransmitir unha mensaxe elixida por concurso entre as escolas de Ubatuba. Reentrou na atmosfera terrestre o 18 de outubro de 2017[1][2][4][5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "TANCREDO 1" (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Tancredo 1" (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 31 January 2020 from the Permanent Mission of Brazil to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (20-01439 (E)). 20 de febreiro de 2020: 3. Consultado o 30 de maio de 2024. [Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Tancredo 1" (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "Tancredo 1" (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2024.
Véxase tamén
Outros artigos