O Tampere Jazz Happening é un festival de jazz que se celebra cada ano dende 1982 na cidade de Tampere, Finlandia. Dende 1990 está producido por Tampereen musiikkijuhlat (en galego "Festivais Musicais de Tampere"). Durante o festival escóitanse tanto figuras destacadas do jazz moderno internacional como talentos emerxentes do jazz finlandés. Entre as súas sedes inclúense Klubi e Telakka, no Centro Cultural Tullikamari. Amais da música, o festival tamén inclúe proxeccións de cine sobre jazz, obradoiros e arte.[1]
En 2017 o festival foi galardoado polo Europe Jazz Networkin co Premio EJN Award for Adventurous Programming polo deseño dun programa musical visionario e atractivo para a audiencia.[2]
Ao longo da súa historia exerceron como directores executivos e planificadores de programa para o evento:[3]
- Aila Sauramo 1984–1998
- Annamaija Saarela 1999–2002
- Juhamatti Kauppinen (planificador de programas) dende 2002
Polo escenario do Tampere Jazz Happening teñen pasado figuras como Don Cherry (1992),[4] Ornette Coleman (1995),[5] Cecil Taylor (1998),[6] Sam Rivers (2001),[7] Tony Allen (2008, 2017)[8][9] e Ginger Baker (2015).[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas