Ta'u

Modelo:Xeografía físicaTa'u
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Manua Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Manua, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 14°14′17″S 169°28′34″O / -14.2380556, -169.4761111
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude784 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións6 (ancho) × 10 (lonxitude) km
Punto máis altoLata Mountain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (963 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie44,31 km² Editar o valor en Wikidata

Ta'u, en samoano Taʻū, é a illa máis grande do grupo Manua, na Samoa Americana. Tamén se chamou illa Manua e Opoun.

A illa é de orixe volcánica, cunha altitude máxima de 931 metros no monte Lata, o punto máis alto da Samoa Americana.

O aeroporto máis grande das illas Manua atópase no extremo nordés de Ta'u, en Fiti'uta. No extremo noroeste hai un pequeno porto, en Faleāsao. Unha estrada na beira da ribeira setentrional conecta os diferentes pobos.

Toda a metade sur de Ta'u, incluída a selva do monte Lata, o litoral meridional e os arrecifes de coral asociados, son parte do Parque Nacional da Samoa Americana. Dentro do parque atópase o lugar sacro de Saua, considerado o lugar de nacemento dos polinesios.

Nas vilas do extremo noroeste de Ta'u é onde a antropóloga Margaret Mead fixo o seu traballo de campo en 1925 sobre a cultura samoana e especialmente a adolescencia.

Ligazóns externas