O TV Großwallstadt é un equipo de balonmán da cidade de Aschaffenburg, Baviera (Alemaña). No presente compite na Handball-Bundesliga, a máxima categoría do balonmán xermano, competición que ademais gañou en seis ocasións (1978, 1979, 1980, 1981, 1984, 1990).
Historia
A club foi fundado en 1888 e foi en 1925 cando se creou a sección de balonmán. A súa mellor etapa tivo lugar a finais dos anos '70 e a década dos '80, foi nos anos '70 cando conseguiu o seu primeiro título, a Bundesliga de 1978, e a este título lle seguiron outros tres consecutivos, xa na segunda tempada que competiu na máxima competición alemá, a 1970-71, o equipo conseguira finalizar na primeira posición a liga regular e chegara ás semifinais do play-off polo título. Ademais gañou dúas Copas de Europa consecutivas nos anos 1979 e 1980, aos que se lle ten que engadir a Supercopa de Europa de 1980. Logo destes anos de grandes éxitos, os seus últimos títulos caeron de xeito máis espazados coa liga de 1990 e a Challenge Cup do 2000.