T.S.O.L. (EP)

T.S.O.L.
EP de T.S.O.L.
Data de edición: 1981
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: marzo de 1981
Estudio(s) de gravación: Brian Elliot Recording, Os Ánxeles
Duración: 7:37
Xénero musical: hardcore punk
Selo discográfico: Posh Boy Records
Producido por: Robbie Fields
Cronoloxía
- T.S.O.L. Dance with Me

T.S.O.L. é o EP de estrea da banda estadounidense de hardcore punk T.S.O.L. (True Sounds of Liberty), publicado en 1981 a través do selo Posh Boy Records. Os seus tempos rápidos e as súas letras politicamente radicais estableceron á banda como unha das principais forzas da escena hardcore do sur de California da época. Porén, T.S.O.L. afastouse rapidamente do tema político de esquerdas, mudando cara ao rock gótico e cambiando de selo a Frontier Records para editar o seu álbum Dance with Me (1981). Isto levou a unha disputa co propietario de Posh Boy, Robbie Fields, quen afirmou que a banda lle debía outro EP ao seu selo. As dúas partes finalmente chegaron a un acordo no que Posh Boy gañou os dereitos do EP Weathered Statues de 1982 de T.S.O.L., combinándoo co EP de estrea no álbum recopilatorio de 1987 Thoughts of Yesterday: 1991-1992. Nitro Records mercou os masters a Posh Boy en 1997 e volveu publicar os dous EPs como o recompilatorio T.S.O.L. / Weathered Statues.

Listaxe de cancións

Tódolos temas escritos e compostos por Jack Grisham, Ron Emory, Mike Roche, e Todd Barnes. 

Cara A
N.º Título Duración
1. "Superficial Love"   1:18
2. "Property Is Theft"   1:25
3. "No Way Out"   1:10
Cara B
N.º Título Duración
1. "Abolish Government / Silent Majority"   1:59
2. "World War III"   1:45
7:37

Notas