Baixo o concepto de técnica de impresión englóbase un conxunto de procesos de elaboración de obras de arte mediante impresión, na maioría dos casos sobre papel ou téxtil. Excepto no caso da monotipia, o proceso é capaz de producir múltiples copias dun mesmo documento ou imaxe.
O gravado é unha das técnicas máis empregadas, tanto é así que ás veces se emprega como epónimo das técnicas de impresión, menciónase como as tarefas de elaboración de debuxos realizando incisións nunha "matriz", coa finalidade de aloxar nela a tinta para poder así reproducir o mesmo debuxo varias veces. A matriz acostuma ser de metal, empregándose xeralmente pranchas de Cobre ou Zinc.
Este técnica de impresión inventada en 1798 por Alois Senefelder emprega unha pedra calcaria previamente puída sobre a que se debuxa a imaxe en negativo a imprimir cunha materia graxa, ben sexa mediante lapis ou pincel.
Variantes litográficas
A litografía offset. Trátase dunha variante que a foi descuberta no ano 1904 por Ira W. Rubel
A serigrafía é un método de reprodución de documentos e imaxes sobre case todos os materiais, que consiste en transferir unha tinta a través dunha gasa.