SÃndrome de Supercrecemento Bacteriano (SIBO) Sinónimo SÃndrome de Sobrecrecemento Bacteriano do Intestino Delgado (SBBOS polas siglas en inglés) Especialidade GastroenteroloxÃa SÃntomas Náuseas, sensación de inchazo na barriga, vómitos, diarrea, desnutrición, perda de peso Complicacións Malabsorción, anemia, deficiencias nutricionais Duración VarÃa, pode ser crónico se non tratado Causas Crecemento excesivo de bacterias no intestino delgado Diagnóstico Medición de bacterias no xexuno, análise do alento Condicións semellantes SÃndrome do intestino irritable, Doenza de Crohn, colite ulcerosa Prevención Non especificada Tratamento Dieta elemental, antibióticos, medicamentos proquinéticos Medicación Antibióticos (por exemplo, rifaximina) Prognose Boa con tratamento, aÃnda que pode haber recidivas Frecuencia Descoñecida, pero estimada entre 6% e 15% da poboación (dependendo dos criterios diagnósticos) Aviso médico. Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos . Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A sÃndrome de crecemento excesivo bacteriano , SIBO polas súas siglas en inglés (Small intestinal bacterial overgrowth ),[ 1] é un trastorno caracterizado por un crecemento excesivo de bacterias no intestino delgado . A diferenza do intestino groso , que é rico en bacterias, o intestino delgado xeralmente contén menos de 10000 organismos por mililitro.[ 2] Os factores de risco inclúen dismotilidade, alteracións anatómicas intestinais e o uso de certos medicamentos.
Causas
Na foto, bacterias clostridium perfringens (na foto), e. Coli o u algunhas especies de streptococcus poden ser causantes do SIBO Certas persoas son máis propensas ao desenvolvemento de supercrecemento bacteriano debido a varios factores de risco.
Estes factores agrúpanse en catro categorÃas:
trastornos de motilidade ou cambios anatómicos no intestino delgado
trastornos do sistema inmunitario
interferencia coa produción de encimas proteolÃticas, ácido gástrico ou bile,
condicións que causan un maior número de bacterias do colon para entrar no intestino delgado.
O uso de certos medicamentos, que se utilizan para reducir o ácido do estómago, tamén se asocia cun risco aumentado de desenvolver SIBO.
Diagnóstico
O diagnóstico da sÃndrome de supercrecemento bacteriano habitualmente realÃzase mediante a proba de análise de alento, que é menos invasiva e máis segura que outras técnicas.
Tratamento
O tratamento leva a cabo mediante unha dieta especÃfica ou antibióticos , en ocasións seguidos de fármacos procinéticos se se sospeita que a causa é a dismotilidade.
SÃntomas
Os sÃntomas máis comúns son náuseas , sensación de inchazo na barriga, vómitos , diarrea , desnutrición , perda de peso e mala absorción intestinal.[ 3]
Doenzas relacionadas
Estudos recentes sinalan que ata o 80% dos pacientes con sÃndrome do intestino irritable (SII) poden presentar SIBO2. Non obstante, o debate persiste sobre se os resultados anormais nas probas de alento na SII suxiren realmente a presenza de SIBO3.
Presenza en redes sociais
É importante resaltar que, a pesar do crecente interese e discusión en redes sociais e foros de saúde en liña, a SIBO segue sendo unha doenza non moi ben definida con moitos aspectos aÃnda en investigación . As opinións dos expertos sobre a prevalencia , diagnóstico e tratamento do SIBO varÃan amplamente.[ 4] [ 5] [ 6]
Notas
↑ "Small intestinal bacterial overgrowth (SIBO) - Symptoms & causes" . Mayo Clinic (en inglés ) . Consultado o 2023-07-29 .
↑ Quigley E, Quera R (2006). "Small intestinal bacterial overgrowth: roles of antibiotics, prebiotics, and probiotics". Gastroenterology 130 (2 Suppl 1): S78–90. PMID 16473077 . doi :10.1053/j.gastro.2005.11.046 .
↑ Jan Bures, Jiri Cyrany; Rstl, Stanislav Rejchrt (2010-06-28). "Small intestinal bacterial overgrowth syndrome" . World Journal of Gastroenterology (en inglés ) 16 (24): 2978–2990. PMC 2890937 . PMID 20572300 . doi :10.3748/wjg.v16.i24.2978 .
↑ Ghoshal, Uday C.; Srivastava, Deepakshi (2014-03-14). "Irritable bowel syndrome and small intestinal bacterial overgrowth: meaningful association or unnecessary hype" . World Journal of Gastroenterology 20 (10): 2482–2491. ISSN 2219-2840 . PMC 3949258 . PMID 24627585 . doi :10.3748/wjg.v20.i10.2482 .
↑ Sachdev, Amit H.; Pimentel, Mark (2013-09). "Gastrointestinal bacterial overgrowth: pathogenesis and clinical significance" . Therapeutic Advances in Chronic Disease 4 (5): 223–231. ISSN 2040-6223 . PMC 3752184 . PMID 23997926 . doi :10.1177/2040622313496126 .
↑ Rezaie, Ali; Buresi, Michelle; Lembo, Anthony; Lin, Henry; McCallum, Richard; Rao, Satish; Schmulson, Max; Valdovinos, Miguel; Zakko, Salam (2017-05-01). "Hydrogen and Methane-Based Breath Testing in Gastrointestinal Disorders: The North American Consensus" . The American journal of gastroenterology 112 (5): 775–784. ISSN 1572-0241 . PMC 5418558 . PMID 28323273 . doi :10.1038/ajg.2017.46 .
Véxase tamén
Ligazóns externas