Sébastien Bourdais, nado en Le Mans o 28 de febreiro de 1979, é un piloto de automobilismo francés.
Traxectoria
Foi contratado para a tempada de 2008 por Scuderia Toro Rosso, após facer varias probas en anos anteriores para Arrows e para Renault F1 Team. É un dos pilotos máis exitosos da historia da Champ Car, xa que acadou o título catro veces consecutivas, de 2004 a 2007 coa escudería Newman/Haas/Lanigan Racing.