Está situado á beira do río Barxas ou Troncoso, facendo fronteira con Galiza a través dunha ponte até a aldea de Ponte Barxas (concello de Padrenda). Neste lugar houbo unha alfándega até a entrada en vigor do Acordo de Schengen en 1992.
Patrimonio
En 2023, os catro edificios da antiga Estación Fronteiriza de São Gregório foron cedidos polo Estado a Melgaço, por 50 anos. En 2024, o concello de Melgaço abriu concurso público para concesionar, por 30 anos, as catro casas para fins turísticos, polo valor base de 540 mil euros.[1]