Sweevo's World é un videoxogo producido por Gargoyle Games en 1986 para ZX Spectrum e Amstrad CPC. A versión para o Spectrum 128 denominouse Sweevo's Whirled.
Videoventura de perspectiva isométrica, Sweevo's World está na liña de xogos como Knight Lore. O protagonista é un robot, Sweevo, torpe e despistado que debe recoller unha serie de obxectos ó longo de catro mundos comunicados entre si por elevadores aéreos e buratos gravitatorios, asemade debe loitar contra os inimigos de moi variada condición.