Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Suevia.
Suevia foi unha revista que se definía como "Revista semanal de literatura y arte"[1], publicada en Santiago de Compostela entre 1917 e 1919.
Historia e características
O director foi o mestre e poeta santiagués Manuel Ortiz Novo (1891-1933). Apareceu o 7 de outubro de 1917 e deixou de publicarse o 12 de marzo de 1919. A partir de xaneiro de 1918 mudou a cabeceira pola de Suevia Literaria e pasou a ter unha periodicidade mensual.
De carácter bilingüe pero maioritariamente en castelán, contou entre os seus colaboradores a plumas ilustres da literatura galega, como Paz Andrade, Salvador Golpe, Lois Carré Alvarellos, Eladio Rodríguez, Alfredo Brañas, Valle Inclán ou Cabanillas, entre outros. Tamén tivo destacados colaboradores entre o escritores casteláns, como Rubén Darío, Juan Ramón Jiménez ou Antonio Machado.
Notas
- ↑ Segundo a Gran Enciclopedia Galega: "Revista semanal de literatura, arte y ciencias".
Véxase tamén
Bibliografía
- ALONSO GIRGADO, Luís: "Estudio introdutorio" a Suevia (Bos Aires, 1913, Revista Gallega Regionalista) (Bos Aires, 1916, Revista Gallega), ed. facsímile do CIRP, Santiago de Compostela, 2007.
- "Suevia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, tomo 41, 2003.
- "Suevia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 449. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos