Still Alice é un filme dramático estadounidense dirixido por Richard Glatzer e Wash West[3][4] que se estreou no 2014. Baséase na novela homónima de Lisa Genova. Está protagonizado por Julianne Moore, que interpreta a Alice Howland, unha profesora de lingüística na Universidade de Columbia que é diagnosticada de Alzhéimer. Alec Baldwin intepreta ó seu home, John, e Kristen Stewart, Kate Bosworth e Hunter Parrish fan dos seus fillos, Lydia, Anna e Tom.
Still Alice tivo unha estrea mundial no festival de Toronto o 8 de setembro de 2014.[5] Recibiu a aclamación da crítica, particularmente pola interpretación de Moore, que gañou o Oscar á mellor actriz, o BAFTA á mellor actriz, o Globo de Ouro á mellor actriz de drama e o Critics' Choice Movie Award á mellor actriz
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas