Aos catorce anos entrou no FK Bodø/Glimt.[1] Entrou no primeiro equipo en 2007 canda Anders Ågnes Konradsen e debutou na primeira rolda da Copa de Noruega dese ano contra o Hammerfest. Johansen xogou seis partidos na Adeccoligaen cando o Bodø/Glimt subiu á máxima categoría, a Tippeligaen en 2007, e non foi ata o 10 de agosto de 2008 cando se estreou na Tippeligaen nun encontro contra o Viking substituíndo a Jan Derek Sørensen no minuto 85.[2]
Na tempada 2009 fixo catro aparicións, xogando regularmente na Adeccoligaen na tempada seguinte.[1][2] Recibiu ofertas do Tromsø, Fredrikstad e Aalesund para firmar finalmente co Strømsgodset en decembro de 2010, incorporándose ao club o 1 de xaneiro de 2011.[1][3] Johansen xogou 18 partidos na Adeccoligaen na súa última tempada en Bodø/Glimt.[2]
Strømsgodset
A súa primeira actuación co Strømsgodset foi contra o Sogndal no minuto 80 substituíndo a Fredrik Nordkvelle. Na súa primeira tempada co Strømsgodset, Johansen fixo 13 aparicións na liga e marcou un gol.[2] No partido contra o Sandnes Ulf o 16 de maio de 2012, Johansen marcou un gol e no 5–0 contra o Fredrikstad o 27 de maio de 2012, Johansen volveu marcar outro gol.[4] Tras a volta de Mohammed Abu ao Manchester City, converteuse en xogador regular no equipo principal e en agosto de 2012 gañou o premio Statoil ao talento.[5][6] En 2013, Johansen axudou ao Stromsgodset a gañar o seu primeiro primeiro título de liga en 43 anos e votárono como o centrocampista do ano na liga norueguesa.[7][8]
O 26 de xaneiro de 2014 xogou o seu primeiro partido co Celtic, nunha vitoria 4–0 contra o Hibernian xogando como substituto os últimos cinco minutos.[11] O seu primeiro gol co equipo fíxoo o 22 de marzo de 2014 contra o St. Mirren, abrindo o marcador que quedou finalmente nun 3–0.[12]
Johansen fixo o seu debut con Noruega o 8 de agosto de 2006 no equipo sub-15 contra Polonia.[2] Posteriormente representou a Noruega en todos os niveis ata o sub-23. Participou na Eurocopa sub-21 de 2013[5] chegando á semifinal onde perdeu cn España.[14]
Na selección absoluta xogou 15 veces, e marcou o seu primeiro gol no seu debut, contra Suecia en Estocolmo o 14 de agosto de 2014.[15][16]