É a única especie do xénero Steatornis e da familia Steatornithidae, e a única ave fruxívora nocturna da orde, e unha das poucas aves, e a única nocturna, que navegan por ecolocación en condicións de baixa luz. Esta ave, provista do mecanismo de ecolocación e un potente olfacto, aliméntase na noite dunha gran variedade de froitas, o que a converte nunha especie case única.