O Stade Pierre-Mauroy (até o ano 2013: Grand Stade Lille Métropole) é un estadio multiúsos localizado en Villeneuve-d'Ascq, Lille, Francia. Foi construído entre 2009 e 2012. Ten unha capacidade de 50.186 espectadores e substitúe ao antigo Stadium Lille Métropole, ademais o novo estadio conta cun teito móbil.
O eqipo que xoga como local no campo é o Lille OSC que milita na Ligue 1 (máxima categoría do fútbol francés). A maiores dos partidos do LOSC, a construción tamén albergou importantes eventos deportivos como: a final da Copa Davis 2014 entre Francia e Suíza, partidos da selección de rugby de Francia ou a fase final do EuroBasket 2015. No futuro tamén se celebrarán partidos Eurocopa 2016 aquí. A cualificación do estadio para UEFA é de catro estrelas
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas