Spiral Scratch é un EP e o primeiro lanzamento da banda inglesa de punk rock Buzzcocks, publicado o 29 de xaneiro de 1977 a través do selo New Hormones. É un dos primeiros lanzamentos dunha banda de punk británica (precedido por "New Rose" de The Damned en outubro de 1976, e "Anarchy in the U.K." de Sex Pistols e os dous primeiros sinxelos de The Vibrators en novembro de 1976). Spiral Scratch e o álbum Time's Up son os únicos lanzamentos de estudio de Buzzcocks co cantante orixinal Howard Devoto, que marchou pouco despois do lanzamento do EP para formar unha das primeiras bandas post-punk, Magazine.
Cando se reeditou en 1979, alcanzou o número 31 na lista de sinxelos do Reino Unido.[1] En 2017, estivo no número 1 da lista de singles físicos do Reino Unido despois de ser reeditado polo seu 40 aniversario.[2]
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Howard Devoto e Pete Shelley.
Cara A |
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Breakdown" |
1:58 |
2. |
"Time's Up" |
3:07 |
Cara B |
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Boredom" |
2:51 |
2. |
"Friends of Mine" |
2:15 |
Notas