O bus Spacebus 100 é un tipo de bus para satélites fabricado en Francia.[1][2]
Características
O bus Spacebus 100 está pensado para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria. Estabilízase nos tres eixos e utiliza un sistema de propulsión bipropelente con ata 750 kg de propelente e 350 N de pulo. Para o control de actitude usa tamén volantes de inercia. Cunha masa de 866 kg, pode levar unha carga útil de 130 kg. As súas dimensións son de 2,25 m de altura e unha envergadura cos paneis solars despregados de 20,7 m, producindo ata 2 kW de potencia. Está dispoñible desde 1975 e usouse en tres satélites: Arabsat 1A, Arabsat 1B e Arabsat 1C.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos