Manley Lanier Jr. 'Sonny' Carter foi un astronauta estadounidense que formou parte da tripulación da misión STS-33. Pasou un total de 5 días no espazo e faleceu o 5 de abril de 1991 durante un accidente aéreo.[1][2]
Traxectoria
Carter naceu o 15 de agosto de 1947 en Macon, Xeorxia. Era graduado en química pola Universidade Emory en 1969, e doutorado en medicina pola mesma universidade en 1973. Estaba casado e tiña dúas fillas.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984, converténdose oficialmente en astronauta en xuño de 1985. Participou na misión STS-33 como especialista de misión e pasou no espazo un total de 5 días.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Manley Lanier "Sonny" Carter, Jr. (Captain, USN) NASA Astronaut (Deceased)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2018. Consultado o 16 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Carter, Manley Lanier Jr 'Sonny'" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2018.
Véxase tamén
Outros artigos