Solución final

Carta do SS-Obergruppenführer Reinhard Heydrich ó Ministerialdirektor Martin Luther pedindo asistencia administrativa para poñer en funcionamento a Solución final da cuestión xudía, 26 de febreiro de 1942.

A Solución final (en alemán: die Endlösung) ou a Solución final da cuestión xudía (en alemán: die Endlösung der Judenfrage), foi un plan do Terceiro Reich para a exterminación do pobo xudeu durante a segunda guerra mundial. O procedemento deste xenocidio sistemático ó longo da Europa ocupada pola Alemaña nazi foi formulado pola cúpula nazi en xaneiro de 1942 na Conferencia de Wannsee, preto de Berlín,[1] e culminou co Holocausto que acabou co 90% da poboación xudía de Polonia,[2] e con dous terzos da poboación xudía de Europa.[3]

Notas

  1. United States Holocaust Memorial Museum (ed.). "Wannsee Conference and the Final Solution". Consultado o 30 de marzo de 2015. 
  2. David S. Wyman, Charles H. Rosenzveig (1996). JHU Press, ed. The World Reacts to the Holocaust. p. 99. ISBN 0801849691. 
  3. Holocaust Encyclopedia. United States Holocaust Memorial Museum, ed. "'Final Solution': Overview". Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2013. Consultado o 5 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía