Soiuz TM-3 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 22 de xullo de 1987 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
Soiuz TM-3, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Aleksandr Pavlovich Aleksandrov, Alexander Viktorenko e Muhammed Faris (de Siria) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. O 10 de setembro o detector de raios X do módulo Kvant foi o primeiro en detectar a explosión da supernova 1987a.[2][3][4][5]
Durante a misión recibiron a visita da Progress 31, da Progress 32, da Progress 33 e da Soiuz TM-4.[2][3][4][5]
A Soiuz TM-3 regresou a terra o 29 de decembro de 1987 ás 9:16 GMT.[2][3][4][5]
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 3" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 3" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 5 November 1987 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (87-28703). 11 de novembro de 1987: 2. Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-3" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-3" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2017.