A Soiuz MS é unha mellora da Soiuz TMA, con cambios centrados nun novo ordenador de a bordo, redundancia no control de actitude e no sistema de acoplamento e paneis solares máis modernos. Entre as melloras están:[1][2]
Aumento da eficiencia das células solares dun 12% a un 14% e área dos paneis solares aumentada en 1,1 m2.
Capas antimeteoroides adicionais no módulo orbital.
Uso do novo ordenador TsVM-101 de só 8,3 kg de peso fronte aos 70 kg do ordenador Argon 16 anterior.
Propulsores de control de actitude reordenados para permtir o acoplamento e desacoplamento cun propulsor averiado e a deorbitación con dous averiados.
Mellora da redundancia mediante o uso de dous subsistemas de propelente independentes.
Uso do sistema de navegación por satélite ASN-K capaz de utilizar os sinais do sistema GLONASS e GPS para navegación autónoma e para a localización da cápsula despois da aterraxe.
Sistema de comunicacións e telemetría integrado capaz de usar os satélites Luch, TDRS e EDRS para comunicarse coas estacións terrestres.