Sofía Oriana Infante Souto, nada en Santiago de Compostela en 1989, é unha compositora transmoderna galega, especializada na música para o cine.
Traxectoria
Sofía Oriana Infante, comezou os seus estudos musicais aos oito anos no Conservatorio de Música de Xan Viaño, en Ferrol, onde escolleu a percusión como instrumento principal. No ano 2009 rematou o grao medio mais decide continuar estudos e marcha a Oviedo.[1] Alí estudou Composición no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner, onde se especializou na composición xeral e audiovisual. Asemade, iniciou os estudos de Maxisterio Musical na Universidade de Oviedo, e rematou as dúas titulacións no ano 2013. Proseguiu a súa formación cun máster de educación, tamén na Universidade de Oviedo en 2014.
En 2015 trasladouse a Londres. Na capital británica cursou un mestrado en composición para o cinema e a televisión na Universidade Kingston de Londres, cunha distinción no seu proxecto final sobre a serie documental 14 actors acting, do New York Times ese mesmo ano.[2]
Na súa formación aprendeu de expertos coma Edson Zampronha, Jorge Carrillo, Fernando Blanco, Miguel Fernández e Fernando Agüeria. Tamén tivo a oportunidade de aprender de referentes coma Krzysztof Penderecki e Nico Muhly.
A súa obra é moi diversa e variada, e vai desde o mundo audiovisual ata ó académico-contemporáneo. Precisamente a composición en variedade de disciplinas e o interese pola representación dunha realidade transmoderna son as súas liñas definidoras principais.[2]
Obras
Composicións
- RebuilginMi (2020)[3]
- In Memoriam (2019)[2]
- Octofonía (2019)
- Os Cervos (2018)
- Sou a Impostora (2018)
- Translúcida memoria (2018)
- Backwards Tape (2017)
- Relative Time (2017)
- Only Lights Inside (2016)
- Panta Rhei (2015)
- Se la están cepillando todos los días (2013)
- Cuarteto de corda nº 1 (2010)
- Telestai (2009)
- O cazador de libros (2008)
Bandas sonoras
- Asco (2013) de Fernando G. Pliego.[2]
- Foto de Familia (2014) de Fernando G. Pliego.
- Mars (2015)
- Backwoods[4] (2016) de Liam Bellamy.
- La Pelota[5] (2017) de Fernando G. Pliego.
- Operation Freedom[6] (2018) de Kevin Ghee.
- Elisa e Marcela[7] (2019) de Isabel Coixet.
- Carne[8] (2019) de Camila Kater
- Souvenir (2019) de Cristina Vilches e Paloma Canonica.
Artigos
- "Tim Burton y la didáctica musivisual", en Publicaciones didácticas (2017).[9]
Premios
XII Premis Gaudí (2020): Nomeamento á mellor música orixinal.[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas