A sección de hóckey a patíns da Sociedade Esportiva Palmeiras é un equipo de hóckey a patíns da cidade de São Paulo que compite no Campionato Brasileiro.
Historia
A sección de hóckey a patíns do Palmeiras foi fundada no ano de 1923, sendo unha modalidade antiga e tradicional dentro do club, e seguramente o máis vitorioso logo do fútbol.
Ao longo dos seus anos de existencia, este deporte conquistou moitos títulos en tódalas categorías, tanto a nivel estatal, nacional e mesmo internacional. O apelido de maior relevancia da historia do hóckey a patíns da Sociedade Esportiva Palmeiras foi, segundo algúns, o da familia Torlay, que deu ao Palmeiras tres xeracións de xogadores, entre eles Hyada Torlay, que ademais de ter sido xogador, foi tamén presidente da confederación brasileira e ata da confederación suramericana de hóckey a patíns.
Palmarés
Un feito que entristece aos amantes do hóckey, que agora é tradicional no Palmeiras, é que o Palmeiras nunca tivo un arquivo organizado sobre as conquistas do hóckey palmeirense, e o peor, as federacións e confederacións tampouco o posúen. Polo tanto, algúns títulos conquistados non son coñecidos.
Entre os títulos acadados polo club palmeirense cómpre destacar:
Véxase tamén
Ligazóns externas