Xogou en Segunda División B durante a tempada 2008-09, pero descendeu a Terceira por falta de pagamentos. Finalmente, o equipo desapareceu en 2010.
Historia
O antecesor do club SD Ciudad de Santiago foi o Club Atlético Fátima, fundado o 14 de xuño de 1978 por un grupo de amigos da parroquia compostelá do Castiñeiriño para difundir a práctica do deporte. Afiliouse na Federación Galega de Fútbol o 22 de xuño de 1978 co número 1193, e inscribiuse no rexistro nacional de clubs co número 12.643. O club competiu varios anos en categorías locais, até que no ano 2004 comeza a militar na rexional preferente galega, xa no histórico campo de San Lázaro, en detrimento do campo de Santa Isabel.
A partir de setembro do ano 2005 o equipo transformouse en Sociedade Anónima Deportiva coa denominación de Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago, nun intento de medrar deportiva e socialmente. Nese mesmo ano tamén se creou o primeiro equipo feminino do club.
Na tempada 2006/2007 acadou outro ascenso histórico á Terceira División, despois de vencer na promoción ó Verín CF; e na tempada seguinte ascende á Segunda División B, categoría na que militou un ano.
En agosto de 2009 o club sufriu un descenso administrativo, logo de non facer efectivos os dereitos para xogar en Segunda B. A súa última tempada pasouna en Terceira dentro do Grupo I, pero a falta de pagamentos aos xogadores sucedéronse e o equipo non se presentou a varios partidos da competición. Isto provocou que a RFEF eliminase ao equipo do campionato mediante un descenso a Preferente, o que provocou a súa desaparición definitiva.[1]
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta branca con raias verdes, pantalón e medias verdes.
Uniforme alternativo: Camiseta granate con detalles brancos, pantalón e medias granates.