Snijeg é un filme bosníaco de 2008 dirixido por Aida Begić. É unha coprodución entre Bosnia e Hercegovina, Alemaña, Francia e Irán. Foi escollido como candidato de Bosnia e Hercegovina para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.