Sistema de determinación do sexo XY

Cromosomas sexuais de Drosophila.
Conos de pole dunha planta macho de Ginkgo biloba, unha especie dioecia
Conos de pole dunha planta macho de Ginkgo biloba, unha especie dioecia
Estróbilos femininos dunha planta femia de Ginkgo biloba
Estróbilos femininos dunha planta femia de Ginkgo biloba

O sistema de determinación do sexo XY é o sistema de determinación do sexo que utilizan case todos os mamíferos, incluíndo os humanos, algúns insectos (mosca Drosophila), algunhas serpes, algúns peixes (guppy), e algunhas plantas (Ginkgo, por exemplo). Nestes sistema o sexo dun individuo está determinado por un par de cromosomas sexuais, chamados X e Y. Na maioría dos casos, as femias teñen dous cromosomas X, é dicir, son XX e denomínanse o sexo homogamético, mentres que os machos teñen un cromosoma X e outro Y (son XY) e denomínanse o sexo heterogamético.[1]

Nos humanos a presenza do cromosoma Y desencadea o desenvolvemento como macho; en ausencia do cromosoma Y, o feto desenvólvese como femia. Hai varias excepcións, como individuos con síndrome de Klinefelter (que son XXY), con síndrome de Swyer (mulleres con cromosomas XY) e con síndrome do macho XX (homes con cromosomas XX); porén, estas excepcións son raras. Nalgúns casos, unha muller aparentemente normal con vaxina, colo uterino e ovarios ten cromosomas XY, pero o xene SRY do seu cromosoma Y, que determina a formación testicular, está inactivado.[2] Na maioría das especies con determinación do sexo XY un organismo debe ter polo menos un cromosoma X funcional para sobrevivir.[3][4]

O sistema XY contrasta nalgúns aspectos co sistema parecido de determinación do sexo ZW, que se encontra nas aves, algúns insectos, moitos réptiles e outros animais, no cal o sexo heterogamético é o feminino (ZW) e o homogamético é o masculino (ZZ). Ademais, pensouse durante moito tempo que todas as serpes tiñan un sistema de determinación do sexo ZW, pero observáronse efectos inesperados na xenética de especies da familia Boidae e Pythonidae; por exemplo, a reprodución partenoxénica producía só femias en vez de machos, o cal é o oposto ao que se debería agardar no sistema ZW. A principios do século XXI tales observacións levaron a demostrar que todas as pitóns e boas ata agora investigadas teñen un sistema de determinación do sexo XY.[5][6]

Algúns réptiles e peixes teñen un sistema de determinación do sexo dependente da temperatura.

Mecanismos

Nos humanos e na maioría dos demais mamíferos e algunhas outras especies dous dos nosos cromosomas, chamados cromosoma X e Y, determinan o sexo, polo que se denominan cromosomas sexuais ou alosomas; o resto dos cromosomas denomínanse cromosomas autosómicos ou autosomas. Nestas especies un ou máis xenes presentes no cromosoma Y determinan a masculinidade. As persoas teñen dous cromosomas sexuais: aquelas con dous cromosomas X (XX) desenvolven características femininas, e as que teñen un X e un Y (XY) desenvolven características masculinas. Os óvulos e espermatozoides son haploides e só levan un destes cromosomas; o óvulo sempre leva o X e os espermatozoides poden levar algúns o X e outros o Y. Dependendo do cromosoma sexual presente no espermatozoide que realizou a fecundación, xeraranse fillas (XX) ou fillos (XY). Obviamente, os fillos varóns sempre herdan o cromosoma Y do seu pai e o seu X da súa nai. As fillas herdan un cromosoma X de cada proxenitor.

Mamíferos

Na maioría dos mamíferos o sexo está determinado pola presenza ou non do cromosoma Y. Isto fai que as persoas con cariotipos de síndrome de Klinefelter (XXY) ou síndrome XYY sexan de ]]fenotipo]] masculino, mentres que as que teñen cariotipos de síndrome de Turner (X ou X0) ou trisomía X (XXX, triplo X) sexan mulleres.[1]

Na década de 1930 Alfred Jost determinou que cómpre a presenza de testosterona para o desenvolvemento do conduto de Wolff nos coellos machos.[7]

O SRY é un xene determinante do sexo que se encontra no cromosoma Y dos animais terios (mamíferos placentarios e marsupiais).[8]

Non todos os xenes específicos de machos están localizados no cromosoma Y. O ornitorrinco é un monotrema que usa cinco pares de diferentes cromsomas XY con seis grupos de xenes ligados á masculinidade, e a hormona antimülleriana (AMH) é o interruptor mestre.[9]

Humanos
Cromosomas X e Y humanos coas bandas G tingidas. O cromosoma Y é moito máis pequeno e contén poucos xenes.

Nos humanos un só xene (SRY) presente no cromosoma Y actúa como sinal que establece a vía de desenvolvemento que conduce á masculinidade. A presenza deste xene dá comezo ao proceso de virilización, e as gónadas dan lugar a testículos en vez de a ovarios. Este e outros factores orixina as diferenzas entre os sexos.[10] Nas femias, as cales teñen dous cromosomas X, un deles é inactivado (inactivación do X), polo que só un dos cromosomas X permanece funcional. O cromosoma X inactivado pode observarse no núcleo celular formando o chamado corpo de Barr.

Ademais do xene SRY (que codifica o factor de determinación testicular) descubríronse outros factores que poden influír adicionalmente na determinación da masculinidade, como WNT4 ou DAX1 cuxa misión é contrabalancear a vía da masculinización.[11]

Detectáronse tamén casos nos que os testículos poden desenvolverse en ausencia do xene SRY, nos que o xene SOX9 podía inducir o desenvolvemento testicular ; pero en ausencia de ambos os xenes non se desenvolven os testículos, pero mesmo así a ausencia do xene SRY e o silenciamento do SOX9 non é suficiente para desencadear a diferenciación do feto na dirección feminina. Un descubrimento recente indica que o desenvolvemento e mantemento dos ovarios podería ser un proceso activo,[12] regulado pola expresión dun xene "pro-feminino", o FOXL2.[13]

Outros animais

Nalgunhas especies de tartarugas evolucionaron converxentemente sistemas de determinación do sexo XY, concretamente nas familias Chelidae e Staurotypinae.[14]

Outras especies (incluíndo a maioría das especies da mosca do vinagre Drosophila) usan a presenza de dous cromosomas X para determinar a feminidade, mentres que un só cromosoma X orixina unha masculinidade aparente, pero a presenza dun X e un Y dá lugar a machos completamente normais. Na mosca do vinagre os individuos XY son machos e os XX femias; porén, os individuos XXY ou XXX son tamén femias, e os individuos X poden ser aparentemente machos. Parece, pois, que cómpre que a dose de cromosomas X sexa como mínimo 2 para que o individuo sexa femia.[15] Isto contrasta co observado en humanos, onde os individuos XXY son machos (con síndrome de Klinefelter), polo que neles o que importa é a presenza do Y e non a cantidade de X.

Plantas

Moi poucas especies de plantas anxiospermas dioecias (con plantas macho e plantas femia) teñen unha determinación do sexo XY,[16] pero hai algúns casos, como Silene latifolia, que ten o cromosoma Y máis grande que o X (ao contrario que en mamíferos).[17] Nestas especies a determinación do sexo é similar á dos mamíferos, con machos XY e femias XX.[18]

Imaxe da proteína SRY.

Historia

Nettie Stevens (traballando con escaravellos) e Edmund Beecher Wilson (trabalando con hemípteros) decubriron independentemente en 1905 o sistema de determinación do sexo XY en insectos: os machos eran XY e as femias XX.[19][20][21] A inicios da década de 1920, Theophilus Painter demostrou que o sexo en humanos e outros mamíferos estaba tamén determinado polos cromosomas X e Y, e que o cromosoma sexual que esta determinación se debía ao cromosoma sexual que leva o espermatozoide.[22]

As primeiras pistas da existencia dun factor que determina o desenvolvemento dos testículos en mamíferos procedían de experimentos levados a cabo por Alfred Jost con embrións de coello.[23]

En 1959 C. E. Ford e o seu equipo, despois dos experimentos de Jost, descubriron[24] que o cromosoma Y era necesario para que o feto se desenvolvese como macho cando examinaron pacientes de síndrome de Turner, que crecían con fenotipo de muller, e encontraron que eran X0 (hemicigotas para X e carecian de Y). Ao mesmo tempo, Jacob e Strong describiron un caso dun paciente con síndrome de Klinefelter (XXY),[25] que implicaba a presenza dun cromosoma Y para o desenvolvemento da masculinidade.[26]

Todas as observacións levaron ao consenso de que debe existir un xene dominante que determina o desenvolvemento dos testículos no cromosoma Y humano.[26] A investigación sobre este factor determinante dos testículos (TDF) levou a un equipo de científicos[27] a descubrir en 1990 unha rexión do cromosoma Y que é necesario para a determinación sexual do macho, que foi chamada SRY (rexión determinante do sexo do cromosoma Y).[26]

Notas

  1. 1,0 1,1 Hake, Laura; O'Connor, Clare. "Genetic Mechanisms of Sex Determination | Learn Science at Scitable". www.nature.com (en inglés). Consultado o 2021-04-13. 
  2. Callaway, Ewen. "Girl with Y chromosome sheds light on maleness". New Scientist (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  3. "Can a Zygote Survive Without an X Sex Chromosome?". Education - Seattle PI. Consultado o 2020-11-08. 
  4. Sherwood, Susan. "What Occurs When the Zygote Has One Fewer Chromosome than Usual?". Sciencing (en inglés). Consultado o 2021-04-29. 
  5. Gamble, Tony; Castoe, Todd A.; Nielsen, Stuart V.; Banks, Jaison L.; Card, Daren C.; Schield, Drew R.; Schuett, Gordon W.; Booth, Warren (2017). "The Discovery of XY Sex Chromosomes in a Boa and Python". Current Biology 27 (14): 2148–2153.e4. PMID 28690112. doi:10.1016/j.cub.2017.06.010. 
  6. Olena, Abby. Snake Sex Determination Dogma Overturned. The Scientist 6 de xullo de 2017 [1]
  7. Jost, A.; Price, D.; Edwards, R. G. (1970). "Hormonal Factors in the Sex Differentiation of the Mammalian Foetus [and Discussion]". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 259 (828): 119–31. Bibcode:1970RSPTB.259..119J. JSTOR 2417046. PMID 4399057. doi:10.1098/rstb.1970.0052. 
  8. Wallis MC, Waters PD, Graves JA (xuño de 2008). "Sex determination in mammals - Before and after the evolution of SRY". Cell. Mol. Life Sci. 65 (20): 3182–95. PMID 18581056. doi:10.1007/s00018-008-8109-z. 
  9. Cortez, Diego; Marin, Ray; Toledo-Flores, Deborah; Froidevaux, Laure; Liechti, Angélica; Waters, Paul D.; Grützner, Frank; Kaessmann, Henrik (24 de abril de 2014). "Origins and functional evolution of Y chromosomes across mammals". Nature 508 (7497): 488–493. Bibcode:2014Natur.508..488C. PMID 24759410. doi:10.1038/nature13151. 
  10. Fauci, Anthony S.; Braunwald, Eugene; Kasper, Dennis L.; Hauser, Stephen L.; Longo, Dan L.; Jameson, J. Larry; Loscalzo, Joseph (2008). Harrison's Principles of Internal Medicine (17th ed.). McGraw-Hill Medical. pp. 2339–2346. ISBN 978-0-07-147693-5. 
  11. Lehrman, Sally. "When a Person Is Neither XX nor XY: A Q&A with Geneticist Eric Vilain". Scientific American (en inglés). Consultado o 2021-08-08. 
  12. Uhlenhaut, N. Henriette; et al. (2009). "Somatic Sex Reprogramming of Adult Ovaries to Testes by FOXL2 Ablation". Cell 139 (6): 1130–42. PMID 20005806. doi:10.1016/j.cell.2009.11.021. 
  13. Scientists find single 'on-off' gene that can change gender traits Arquivado 2011-08-14 en Wayback Machine., Hannah Devlin, The Times, 11 de decembro de 2009.
  14. Badenhorst, Daleen; Stanyon, Roscoe; Engstrom, Tag; Valenzuela, Nicole (2013-04-01). "A ZZ/ZW microchromosome system in the spiny softshell turtle, Apalone spinifera, reveals an intriguing sex chromosome conservation in Trionychidae". Chromosome Research (en inglés) 21 (2): 137–147. ISSN 1573-6849. PMID 23512312. doi:10.1007/s10577-013-9343-2. 
  15. Fusco G, Minelli A (2019-10-10). The Biology of Reproduction. Cambridge University Press. pp. 306–308. ISBN 978-1-108-49985-9. 
  16. Gradstein, Stephan Robbert; Klatt, Simone; Normann, Felix; Wilson, Rosemary; Weigelt, Patrick; Willmann, Rainer (2008). Systematics 2008 Göttingen, Programme and Abstracts (en inglés). Universitätsverlag Göttingen. p. 278. ISBN 978-3-940344-23-6. 
  17. Monéger, Françoise (2007). "Sex Determination in Plants". Plant Signaling & Behavior 2 (3): 178–179. ISSN 1559-2316. PMC 2634050. PMID 19704689. doi:10.4161/psb.2.3.3728. 
  18. Hakeem, Khalid Rehman; Tombuloğlu, Hüseyin; Tombuloğlu, Güzin (2016-08-23). Plant Omics: Trends and Applications (en inglés). Springer. p. 365. ISBN 978-3-319-31703-8. 
  19. Brush, Stephen G. (xuño de 1978). "Nettie M. Stevens and the Discovery of Sex Determination by Chromosomes". Isis 69 (2): 162–172. JSTOR 230427. PMID 389882. doi:10.1086/352001. 
  20. "Nettie Maria Stevens – DNA from the Beginning". www.dnaftb.org. Arquivado dende o orixinal o 2012-10-01. Consultado o 2016-07-07. 
  21. John L. Heilbron (ed.), The Oxford Companion to the History of Modern Science, Oxford University Press, 2003, "genetics".
  22. Glass, Bentley (1990) Theophilus Shickel Painter 1889—1969: A Biographical Memoir, National Academy of Sciences, Washington DC. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
  23. Jost A., Recherches sur la differenciation sexuelle de l'embryon de lapin, Archives d'anatomie microscopique et de morphologie experimentale, 36: 271 – 315, 1947.
  24. FORD CE, JONES KW, POLANI PE, DE ALMEIDA JC, BRIGGS JH (Apr 4, 1959). "A sex-chromosome anomaly in a case of gonadal dysgenesis (Turner's syndrome)". Lancet 1 (7075): 711–3. PMID 13642858. doi:10.1016/S0140-6736(59)91893-8. 
  25. JACOBS, PA; STRONG, JA (Jan 31, 1959). "A case of human intersexuality having a possible XXY sex-determining mechanism.". Nature 183 (4657): 302–3. Bibcode:1959Natur.183..302J. PMID 13632697. doi:10.1038/183302a0. 
  26. 26,0 26,1 26,2 Schoenwolf, Gary C. (2009). "Development of the Urogenital system". Larsen's human embryology (4th ed.). Philadelphia: Churchill Livingstone/Elsevier. pp. 307–9. ISBN 9780443068119. 
  27. Sinclair, Andrew H.; et al. (19 de xullo de 1990). "A gene from the human sex-determining region encodes a protein with homology to a conserved DNA-binding motif". Nature 346 (6281): 240–244. Bibcode:1990Natur.346..240S. PMID 1695712. doi:10.1038/346240a0. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Radio station in Crockett, Texas For KIVY-FM's sister AM facility, also in Crockett, Texas, United States, see KIVY (AM). KIVY-FMCrockett, TexasBroadcast areaHuntsville, Lufkin, PalestineFrequency92.7 MHzBrandingCountry 92.7 FMProgrammingFormatCountryAffiliationsCitadel Media, Dial GlobalOwnershipOwnerStar Radio NetworkSister stationsKMVL-FM, KMVL, KIVYHistoryFirst air dateApril 1, 1980Technical informationFacility ID15132ClassC2ERP50,000 wattsHAAT150 meters (490 ft)Transmitter coordinat...

 

Chronologies Le 114e régiment d'infanterie à Paris le 14 juillet 1917Données clés 1914 1915 1916  1917  1918 1919 1920Décennies :1880 1890 1900  1910  1920 1930 1940Siècles :XVIIIe XIXe  XXe  XXIe XXIIeMillénaires :-Ier Ier  IIe  IIIe Chronologies géographiques Afrique Afrique du Sud, Algérie, Angola, Bénin, Botswana, Burkina Faso, Burundi, Cameroun, Cap-Vert, République centrafricaine, Comores, République du Congo, Républiq...

 

Pour les articles homonymes, voir Chaîne. Cet article court présente un sujet plus développé dans : Fil de chaîne. Un métier à tisser vertical. En tissage et en tapisserie la chaîne désigne l'ensemble des fils de chaîne tendus entre les ensouples du métier à tisser. Elle sert de support à la trame qui, en tapisserie, reste seule visible. L'ourdissage, préalablement au travail de tissage proprement dit, est la préparation d'une nappe de fils de chaîne soigneusement align�...

Pour les articles homonymes, voir Mahut. Nicolas Mahut Nicolas Mahut à Wimbledon en 2015. Carrière professionnelle 2000 – Nationalité Française Naissance 21 janvier 1982 (42 ans)Angers, France Taille 1,92 m (6′ 4″) Prise de raquette Droitier, revers à une main Entraîneurs Nicolas RenavandNicolas Copin Gains en tournois 12 683 430 $ Palmarès En simple Titres 4 Finales perdues 2 Meilleur classement 37e (05/05/2014) En double Titres 37 Finales perdues ...

 

Diletta Crespi Nazionalità  Italia Altezza 174 cm Peso 60 kg Calcio Ruolo Centrocampista Carriera Giovanili 1997-2001 Don Orione2002-2006 A.D. Decimum Lazio Squadre di club1 2006-2008 Eurospin Torres39 (3)2008-2011 Firenze45 (12)2010 Bardolino Verona0 (0) Nazionale 2005 Italia U-17? (?)2006-200? Italia U-1917 (2)2007 Italia3 (0) Palmarès  Europei di calcio femminile Under-19 Oro Francia 2008 1 I due numeri indicano le presenze e le reti segnate, per le sole pa...

 

Durban iTheku (Zulu) Clockwise from top left: Durban CBD, Ushaka Marine World, Suncoast Casino and Entertainment World, Moses Mabhida Stadium, Inkosi Albert Luthuli International Convention Centre and Durban City Hall. BenderaLambang kebesaranCountrySouth AfricaProvince[[]]District[[Invalid Data-key599054 District Municipality|Invalid Data-key599054]]Municipality[[Invalid Data-key599054 Local Municipality |Invalid Data-key599054]]Luas[1] • KotaInvalid Data-key599.054 ...

DTNA التراكيب المتوفرة بنك بيانات البروتينOrtholog search: PDBe RCSB قائمة رموز معرفات بنك بيانات البروتين 2E5R المعرفات الأسماء المستعارة DTNA, D18S892E, DRP3, DTN, DTN-A, LVNC1, dystrobrevin alpha معرفات خارجية الوراثة المندلية البشرية عبر الإنترنت 601239 MGI: MGI:106039 HomoloGene: 20362 GeneCards: 1837 علم الوجود الجيني الوظيفة الج...

 

Parish in Louisiana, United States Parish in LouisianaLivingston ParishParishLivingston Parish Courthouse in LivingstonLocation within the U.S. state of LouisianaLouisiana's location within the U.S.Coordinates: 30°26′N 90°44′W / 30.44°N 90.73°W / 30.44; -90.73Country United StatesState LouisianaFoundedFebruary 10, 1832Named forEdward LivingstonSeatLivingstonLargest cityDenham SpringsArea • Total703 sq mi (1,820 km2) •...

 

2001 puzzle video game This article is about the 2001 video game. For the series, see Bejeweled (series). For the Taylor Swift song, see Bejeweled (song). 2001 video gameBejeweledSteam headerDeveloper(s)PopCap GamesPublisher(s)PopCap GamesElectronic ArtsDesigner(s)Jason Kapalka[2]Composer(s)Peter HajbaSeriesBejeweledEnginePopCap Games FrameworkPlatform(s)WindowsmacOSFlashPalm OSWindows MobileBlackBerry 10Java MEiOSAndroidWindows PhoneXboxFacebookReleaseMay 30, 2001[1]Genre(s)P...

Historic Native American people in Georgia, USA For the submarine, see Chilean submarine Guale. GualeTotal populationExtinct as tribeRegions with significant populationsGeorgia/Sea IslandsLanguagesGualeReligionAnimistRelated ethnic groupsMississippian culture; possibly ancestors of Muskogean peoples; Creek Guale was a historic Native American chiefdom of Mississippian culture peoples located along the coast of present-day Georgia and the Sea Islands. Spanish Florida established its Roman Cath...

 

American baseball player and coach For other people with the same name, see Ronald Fraser. Ron FraserBiographical detailsBorn(1933-06-25)June 25, 1933Nutley, New Jersey, U.S.DiedJanuary 20, 2013(2013-01-20) (aged 79)Weston, Florida, U.S.Alma materFlorida State UniversityCoaching career (HC unless noted)1963–1992Miami Hurricanes Head coaching recordOverall1,271–438–9Accomplishments and honorsChampionships2 College World Series (1982, 1985) College Baseball Hall of FameInducted ...

 

Motor race 2018 24 Hours of Daytona Previous: 2017 Next: 2019 Index: Races | Winners The track layout of the Daytona International Speedway combined road course, where the race was held The 2018 24 Hours of Daytona (formally the 56th Rolex 24 at Daytona) was an International Motor Sports Association (IMSA)-sanctioned 24-hour automobile endurance race for Daytona Prototype and Grand Touring sports cars held at the Daytona International Speedway combined road course in Daytona Beach, Florida, o...

العلاقات الفلبينية العمانية الفلبين سلطنة عمان   الفلبين   سلطنة عمان تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الفلبينية العمانية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين الفلبين وسلطنة عمان.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: ...

 

جسم الإنسان الأنثوي (اليسار) والذكر (اليمين) ينظر إليه من الأمام (العلوي) والخلف (السفي). تستخدم هذه أيضا في المخططات قالب: جسم الإنسان. الفروق الفيزيولوجية بين الجنسين عند البشر، هي اختلافات في الخصائص الفيزيولوجية البشرية بين الذكور والإناث. يمكن أن تتألف هذه الاختلافات من...

 

Questa voce sull'argomento chimica industriale è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Solid Phase Extraction Vacuum Manifold La chimica industriale è quella branca della chimica che si occupa delle trasformazioni su scala industriale delle materie prime per la produzione di sostanze chimiche, miscele e materiali di varia natura, dei processi e degli impianti chimici utilizzati e dei loro impatti economici sull'industria e sul costo dei prodo...

Perbedaan karakteristik perilaku dan psikologis antara introversi dan ekstraversi, yang umumnya dipahami sebagai sebuah kontinum. PsikologiGreek letter 'psi' Garis besar Sejarah Cabang Dasar ilmu Abnormal Eksperimental Evolusi Kepribadian Kognitif Matematika Neuropsikologi Neurosains perilaku Neurosains afektif Perkembangan Positif Psikofisik Sosial Terapan Forensik Kesehatan Klinis Industri dan organisasi Pendidikan Okupasi kesehatan Olahraga Sekolah Daftar Ikhtisar Publikasi Terapi Topik &#...

 

Medium of broadcasting news events Several terms redirect here. For other uses, see Newsbreak (disambiguation), News channel (disambiguation), Newsflash (disambiguation), the podcast Newscast (podcast), and magazine Radio News. This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (October 2017) (Learn how and when to remove this message) Al ...

 

City in California, United States City in California, United StatesCommerce, CaliforniaCityImages, from top, left to right: Citadel Outlets, Rosewood Park and Aquatorium, Commerce Casino, Civic Center FlagMotto: The Model CityLocation of Commerce in Los Angeles County, California.CommerceLocation of Commerce in Los Angeles County, CaliforniaShow map of the Los Angeles metropolitan areaCommerceLocation of Commerce in CaliforniaShow map of CaliforniaCommerceLocation of Commerce in the USAS...

Hệ sinh dục hay hệ sinh sản (tiếng Latinh: systemata genitalia) là một hệ cơ quan bao gồm các cơ quan cùng làm nhiệm vụ sinh sản. Nhiều chất không-sống như hormone và pheromone cũng là những vật chất quan trọng của hệ sinh dục.[1] Không giống như nhiều hệ cơ quan khác, cấu trúc của hệ phụ thuộc vào những sự khác biệt về giới tính của cá thể trong loài, đặc biệt là ở những loài đơn...

 

Part of a series on the History of Iran Prehistoric periodBCE / BC Baradostian culture c. 36,000–18,000 Zarzian culture c. 20,000–10,000 Shulaveri–Shomu culture c. 6000–5000 Zayandeh River Culture c. 6th millennium Dalma culture c. 5th millennium Ancient period Kura–Araxes culture 3400–2000 Proto-Elamite 3200–2700 Jiroft culture c. 3100–2200 Lullubi Kingdom/Zamua c. 3100-675 Elam 2700–539 Marhaši c. 2550-2020 Oxus Civilization c. 2400–1700 Akkadian Empire 2400–2150 Kass...