Silvia Penide

Modelo:BiografíaSilvia Penide

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsica Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata

Sitio websilviapenide.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: soysilviapenide Twitter: SilviaPenide Instagram: silviapenide BNE: XX1559186 Musicbrainz: ac250b5c-d9db-4d1d-b025-22a114152d6e Editar o valor en Wikidata

Silvia Penide, nada na Coruña en 1979, é unha cantante e guitarrista galega. Como cantautora conta con seis traballos discográficos, de estilo pop acústico.

Traxectoria

Comezou a tocar a guitarra con 14 anos, e axiña empezou a compoñer. En 1997 autoeditou a súa primeira maqueta, Alicerce. Repetiu o formato con Azul (1999) e Mundo de cuerdos (2001). Silvia Penide é unha autora de cancións moi directas que conectan co público e que comezan a ver a luz no seu primeiro LP Kilómetros (2003), do que se venderon 2000 copias en Galicia en pouco tempo. A súa traxectoria segue a madurar con Invisible (2005) e Desafinante Crónica (2007) que chega a soar en diferentes programas de Radio3 ou M80, entre outras emisoras.

Con frecuentes concertos por toda a Península e en salas de países como Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña, o particular universo de Penide nútrese dun cada vez maior número de seguidores fieis á súa proposta. O seu é un pop contundente, cheo de matices e moi coidado.

Tras o seu EP, Las Erres Dobles (2010), gravado con Juan de Dios Martín, produtor entre outros de Amaral, e a publicación de Animal de Compañía (2012), Silvia Penide dá un paso máis aló conseguindo estar en boca de moitos con boas críticas e mencións de publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone. Reedita este último disco cun cuarteto de cordas en 2014, o que a leva a formar parte dos Escenarios Cómplices de Mahou, xunto a nomes como La Fuga ou Los Secretos. Queda finalista nos Premios Martín Codax da Música, toca no Festival da Luz, que amadriña a cantante Luz Casal e entra en varios circuítos como a Rede Galega de Música ao Vivo e toca no Festival Noroeste Estrella Galicia.

Tras compartir palco con artistas como Annie B. Sweet, Mäbu, Mercedes Peón, en xaneiro de 2016 estrea Todo pintado de plata, gravado por Celso Madriñán, recoñecido músico galego que participou como guitarrista na xira de bandas como Marlango entre outras, no que participan na produción musical Félix Arias, 50% de Lovely Luna xunto a Xoel López, e conxuntamente con Arturo Vaquero, nomeado ao Premios Goya 2010 á mellor canción orixinal. Consegue esta vez o Premio Martín Codax na categoría Pop/Indie e non deixa de xirar en espazos como Paseantes, O mar nunha flor, Os Xoves de Códax, Atlantic Fest e os Xoves de música no Teatro Colón da Coruña.

En 2018 comeza a gravación do seu proxecto El efecto Boomerang nos estudos de David San José, un traballo de temas que axudan, aledan e fan medrar [1].

Realizou a banda sonora da curtametraxe de Olaia Sendón, Os fabulosos irmáns da luz[2][3](2008) xunto con Alejandro Masafret, e o documental da mesma autora, Kauflanders [4] (2016).

Discografía

Álbums
Ano Nome DIscográfica Formato
1997 Alicerce autoeditado maqueta
1999 Azul autoeditado maqueta
2001 Mundo de cuerdos autoeditado maqueta
2003 Kilómetros autoeditado LP
2005 Invisible Falcatruada LP
2007 Desafinante Crónica Falcatruada LP
2010 Las Erres Dobles autoeditado EP
2012 Animal de compañía autoeditado LP
2014 Reedición de Animal de Compañía + DVD autoeditado LP
2016 Todo pintado de plata crowfunding LP
2018 El efecto Boomerang
Bandas sonoras
Ano Título Dirección
2008 Os fabulosos irmáns da luz Olaia Sendón
2016 Kauflanders Olaia Sendón

Notas