Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Sigrás.
Santiago de Sigrás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.482 habitantes (726 homes e 756 mulleres). A parroquia ten 17 lugares.
Historia
En Sigrás había unha tradición téxtil arraigada, existiron fábricas de fiados e practicamente en todas as casas había un tear. No século XIX houbo tamén fábricas de pintados de algodón e liño.
Sigrás é o lugar de nacemento de María Pita.
Cultura
Topónimo
Sigrás podería ser un antropónimo latino que aparecería entre o século VII e X.[2]
Sigrás na cultura popular
A igrexa parroquial de Sigrás aparece na serie Matalobos como a igrexa parroquial de Sardiñeira.
- Aprendín de carpinteiro/ na aldea de Sigrás;/ a facer cangas ós cochos/ e caravillas ós cas.
- Na miña vida tal vin/ na aldea de Sigrás/ unha cadela con pitos/ unha galiña con cas.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Sigrás
Parroquias de Cambre
Notas
Véxase tamén
Outros artigos