O Alter Siebmacher foi compilado entre 1605 e 1806 e representa a heráldica contemporánea durante os dous séculos finais do Sacro Imperio Romano-Xermánico.
Os dous primeiros volumes foron completados por Johann Sibmacher en 1605 e 1609. Compóñense de 3220 e 2400 armas respectivamente. A obra está impresa sen cor, mais existe un exemplar corado á man en Nürnberg.[1] O traballo foi continuado con seis volumes con suplementos adicionais realizados por Paul Fürst, Wolfgang Gottlieb Fürst, Rudolf Johann Helmers, Christoph Weigel o Vello e Gabriel Nikolaus Raspe. Estas obras foron tamén publicadas baixo os títulos dos seus respectivos editores, como: Fürstsches Wappenbuch, Helmersches Wappenbuch, Weigelsches Wappenbuch ou Raspes Wappenbuch.[2]
O Novo Siebmacher
O Neuer Siebmacher, Siebmachers großes und allgemeines Wappenbuch foi compilado entre 1854 e 1967 por Adolf Matthias Hildebrandt, Maximilian Gritzner e Gustav A. Seyler. O índice xeral da obra enteira foi editado por Hanns Jäger-Sunstenau.[2] Posteriormente, Ottfried Neubecker publicou tódalas armas burguesas do Novo Siebmacher sen o texto como unha especie de glosario ilustrado organizado por cargos heráldicos.
Notas
↑Clemmensen, Steen (2017). Armorials - listed by Sigla(PDF) (versión PDF). Ordinary of Medieval Armorials (en inglés) (2.ª ed.). Farum, Dinamarca. p. 231.
Jäger-Sunstenau, Hanns (1984). General-Index zu den Siebmacherschen Wappenbüchern 1605-1967(en alemán). Graz: Akademische Druck und Verlagsanst. ISBN3-201-00009-4.
Neubecker, Ottfried (1985). Grosses Wappen-Bilder-Lexikon der bürgerlichen Geschlechter Deutschlands, Österreichs und der Schweiz(en alemán). Múnic: Battenberg. ISBN3-87045-906-9.
Ligazóns externas
"Wappenbuch"(en alemán). Versión en liña do Johann Siebmachers Wappenbuch von 1605.
"Wappenbuch"(en inglés). Versión orixinal en branco e negro do Johann Siebmachers Wappenbuch do século XVII con seis volumes, 1200 páxinas, 16000 nomes, referencias cruzadas e milleiros de correccións no índice orixinal.
"Index of Siebmacher's Armorials". Consortium of European Research Libraries (CERL)(en inglés). Base de datos cos nomes familiares e títulos (máis de 137000 entradas) do General-Index zu den Siebmacherschen Wappenbüchern 1605-1967 (Índice Xeral dos armoriais de Siebmacher 1605–1967).