Shi Jian 9B ou SJ 9B foi un satélite artificial da China lanzado o 14 de outubro de 2012 a bordo dun foguete CZ-2C desde o Centro de lanzamento de Taiyuan xunto co satélite Shi Jian 9A.[1][5][4]
Características
SJ 9B era un satélite deseñado pola Comisión de Ciencia, Tecnoloxía e Industria para a Defensa Nacional da China (COSTIND). Baseábase no bus CAST-100, tiña unha masa duns 260 kg e levaba a bordo a cámara experimental LWIR (Long Wave Infrared).[1][5][4]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 NASA (5 de abril de 2021). "Shijian 9B" (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-9B" (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ "Note verbale dated 19 May 2014 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (14-04721 (E)). 15 de xullo de 2014: 10. Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 9B" (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2021.
Véxase tamén
Outros artigos