Shannon Walker, nada en Houston, Texas, o 4 de xuño de 1965, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións Soiuz TMA-19 e SpaceX Crew 1 e foi membro das expedicións 24, 25, 64 e 65 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Walker graduouse en física pola Universidade Rice en 1987 e é máster en física espacial e ten un doutoramento sobre a mesma materia pola mesma universidade en 1992 e 1993 respectivamente. Foi seleccionada como astronauta pola NASA en maio de 2004, finalizando o seu adestramento en febreiro de 2006. Participou nas misións Soiuz TMA-19 e SpaceX Crew 1 e foi membro das expedicións 24, 25, 64 e 65 á Estación Espacial Internacional, pasando 163,30 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos