Severina Vučković, nada o 21 de abril de 1972 en Split, Croacia, é unha actriz e estrela da música pop croata.[1] O seu nome artístico é simplemente Severina. O seu estilo ten influencias do cabaret. A carreira de Severina comezou en 1989, e é unha das artistas máis populares do seu país desde aquela. Gañou moitos festivais e os seus álbums alcanzaron altas vendas. Algunhas das súas cancións máis populares son "Kad si sam", "Dalmatinka", "Djevojka sa sela", "Ja samo pjevam", "Paloma Nera", "Virujen u te", "Ante", "Adio ljube", "Hrvatica", "Adam i Seva", "Moja štikla" e "Krivi spoj" . No ano 2005 Severina lanzou un álbum cos seus grandes éxitos.[2]
En 2004 o seu nome viuse envolto nun escándalo sexual ao divulgarse por Internet un vídeo no cal ela e un home casado tiñan relacións sexuais. Causou sorpresa en Croacia xa que era ata entón un símbolo da modestia relixiosa, promovendo a abstinencia e a moral nas súas aparicións públicas, co que foi acusada de hipocrisía. Porén, posteriormente relanzou a súa imaxe internacionalmente, gañou o festival de Dora 2006 coa canción "Moja Štikla" e representou a Croacia no Festival de Eurovisión de 2006, quedando no posto 12º.[3]
Discografía
Álbums
Álbum |
Ano |
Selo
|
Severina |
1089 |
Orfej RTZ
|
Dalmatinka |
1993 |
Croatia Records
|
Trava zelena |
1995 |
Croatia Records
|
Moja stvar |
1996 |
Croatia Records
|
Djevojka sa sela |
1998 |
Croatia Records
|
Ja samo pjevam |
1999 |
Croatia Records
|
Pogled ispod obrva |
2001 |
Croatia Records
|
Severgreen |
2004 |
Dallas Records
|
Zdravo Marijo |
2008 |
Dallas Records
|
Dobrodošao u klub |
2012 |
Dallas Records
|
Halo |
2019 |
Dallas Records
|
Notas