Unha serie química ou familia é un grupo de elementos químicos que teñen propiedades físicas e químicas semellantes, variando estas de forma máis ou menos importante dentro do grupo. Estas familias delimitáronse atendendo a distintos criterios: configuración electrónica, carácter metálico etcétera.
Antes da creación da táboa periódica dos elementos, que se fixo tentando organizar os elementos segundo as súas propiedades químicas, xa se observaran algunhas familias.
Algunhas delas corresponden exactamente con grupos (columnas) da táboa periódica; isto non é unha coincidencia, xa que as propiedades físicas dos elementos dun grupo proveñen de ter unha configuración electrónica semellante, que fai que estes elementos se coloquen no mesmo grupo da táboa periódica.
Ordenados en grupos (columnas) son importantes e teñen un nome recoñecido:
Os outros grupos acostuman ser chamados polo nome do elemento cabeceira do mesmo: o grupo 16 é o grupo do osíxeno, o 14 é o grupo do carbono etcétera. Tamén reciben outros nomes en desuso:
Os elementos do bloque f tamén son coñecidos como tierras raras ou elementos de transición interna. Divídense en dúas series, e o normal é chamalos polos nomes destas: