Sergio Zearreta López, nado en Amorebieta (Biscaia) en 1975, é un actor e músico vasco radicado en Galicia.
Traxectoria
Formado nos grupos de teatro Sardiña da Coruña e Maricastaña de Ourense, traballou coas compañías Matarile Teatro, Espello Cóncavo, Voadora Compañía, Chévere Producciones, Centro Dramático Galego e Contraproducións. Protagonizou o musical Galicia Caníbal de Filmanova Invest. Na actualidade forma parte do elenco de Fariña, o espectáculo.
Participou nas series Vivir sin permiso, El final del camino, Urxencia cero, Serramoura, Hospital Real, Matalobos, Piratas e As leis de Celavella. Tamén presentou os programas da TVG Heicho cantar, queridiña e O Explorador. Protagonizou a longametraxe Crebinsky, logrando o premio ó mellor actor no Festival CineSpaña de Tolousse 2011.
Na súa faceta musical está á fronte das formacións Lamatumbá, Gallaecia Big Band e Banda Crebinsky, coa que conseguiu o premio Martín Códax 2016 ó mellor proxecto na categoría de Músicas do Mundo e 2019 na categoría de Reggae, Ska e Mestizaxe.[1]
Filmografía
Cine
- A nena azul (2018) Curtametraxe
- Crebinsky (2011) Longametraxe
Televisión
Teatro
Música
- Banda Crebinsky (2014-actualidade) CD 'Zirkus Affe'
- Gallaecia Big Band (2014-actualidade)
- Anfibia (2011-2014)
- Lamatumbá (2007-2011) CDs 'Paraugas Universal' e 'A Órbita da Banda Hipnótica'
Premios
- Finalista a mellor actor protagonista e mellor música orixinal nos XXIV Premios María Casares de Teatro (2020) por Fariña, o espectáculo
- Mellor actor no Festival CineSpaña de Toulouse (2011) por Crebinsky
- Primeiro premio no Certame Teatro Xove Xunta de Galicia (2001) por Novecento
Notas
- ↑ Banda Crebinsky (ed.). "Quen somos". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas