No mercado invernal da tempada 2008–09 chegou ao UD Salamanca, proviniente do CS Marítimo portugués. Debutou nun partido contra o Hércules CF e continuou como titular tras a lesión de Pelegrín. Logrou o seu primeiro tanto coa camisola charra contra o Sevilla Atlético, metendo o quinto gol da tarde nunha contundente goleada (6–0). No seguinte partido como local contra o Girona FC marcou o primeiro tanto da tarde, rematando o partido en empate (2–2).
No verán de 2009 desvinculouse do Deportivo da Coruña e o 31 de xullo fichou polo Hércules CF, cun contrato dunha tempada con opción a outra se xogaba 25 partidos. Na súa primeira campaña conseguiu o ascenso a Primeira División quedando na segunda posición da táboa. Ao xogar máis de 25 encontros renovou automaticamente.
En marzo de 2011 foi traspasado ao FC Spartak Moscova por 400.000 euros, cun contrato dunha tempada.