Monumento ó Capitán Nemo , en Cesantes, Redondela.
Sergio Portela Campos , nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971 , onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo dos tamén arquitectos César Portela e Pascuala Campos de Michelena .
Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura , arquitectura e fotografía ), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova), Vigo (Museo do Mar ), Tui , Lalín , Redondela (Monumento ao Capitán Nemo [ 1] ), Vilalba , Santiago ou A Coruña , así como noutras cidades españolas.
Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.
Obra en Lalín
No ano 2002 construíu en Lalín un conxunto escultórico na carballeira da Crespa que no ano 2008 foi trasladado á carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas